-Procesión pagá de Santa Ferreña rodeada de cabezudos (recuperando certas tradicións de procesión local)
-A exposición "Na punta do pé" , unha mostra de calzado tradicional composta de pezas antigas de zocos e do traballo cos mesmos, completada con fotos antigas e unha pequena achega de marionetas a cargo de "Viravolta".
-Xantar popular a base de carne ao caldeiro, empanada, lapeirada, pan, bebida e café (con gotas), todo por 13€ (a reserva de tickets pode facerse por correo electrónico, enviándoa a santaferrenha@gmail.com, ou no teléfono 658628239).
-A tarde estará amenizada polos grupos de animadores Itaca e Xandobela que farán xogos populares para cativos e menos cativos.
-Tamén teremos o grande contacontos lalinense "Celsiño", co seu espectáculo "Lingua que baila".
-Do mesmo xeito, teremos a aportunidade de facermos unha visita guiada pola meirande xoia do románico oxival en Galiza, a cargo dos profesionais "Tesouros Novos".
-Toda a xornada contará tamén coa participación de grupos de música tradicional chegados de todo o país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario